As anunciadas novidades en www.candaor.com teñen variado cariz. Mentres o sitio principal, no que se pretende sistematizar o material destinado á aprendizaxe da ciencia –xa que a nova lei non permite que se empregue no ensino- segue en construcción, afrontamos agora a construcción dun sistema de blogs nos que ofreceremos unha selección de notas da actualidade científica e tecnolóxica, http://candaor.blogspot.com ao que de de momento apuntará o dominio www.candaor.com , e un espazo de reflexión sobre a profesión http://candaor.wordpress.com , mentres que os espazo http://candaor2.spaces.live.com actuará –en canto o sitio definitivo www.candaor.com permaneza en construción- como un contedor xeral de todo o anterior e ademais de aqueles materiais que pola súa natureza non teñan cabida nos espazos anteriores (vídeos, apuntes, presentacións, etcétera…) . O espazo http://candaor.spaces.live.com de momento continuará como un espazo para a aprendizaxe específica das matemáticas na ESO, máis concretamente nos niveis de 3º e 4º.
A idea é proporcionar un sitio onde se poidan recoller novas da actualidade científica e tecnolóxica no noso idioma, novas coas que se editará, coa regularidade que poidamos soster –en principio mensual- un boletín a modo de resumo periódico, e un sitio diferente no que reflexionar e opinar sobre os condicionantes e a realidade da actuación docente nas áreas científicas e tecnolóxicas. Certamente poderían ser sitios unificados, pero ese obxectivo está asignado ao sitio www.candaor.com , e a súa construcción está afrontando dificultades técnicas superiores ás previstas no seu deseño inicial. Esperamos que estes espazos sexan de utilidade aos membros da comunidade educativa galega.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada