31/10/2010

Novidades (e 2)

Parece que un non pode estar nunca tranquilo. Microsoft ven de anunciar que pecha os "spaces" e suxírenos que nos mudemos a wordpress. Unha amable invitación que debemos aceptar antes do 1º de xaneiro se queremos seguir contando con algo parecido ao que tiñamos naquela localización. Isto obriga a mudar unha serie de planos e expectativas, e francamente, decepcióname esta decisión de Microsoft, pero un xa vai estando afeito a que os xigantes fagan o que lles peta, e so queda obrar en consecuencia.
Asi que:
http://candaor.wordpress.com/ será un espazo de opinión sobre a educación
http://candaor.blogspot.com/ un espazo dedicado á difusión de novas relacionadas coa ciencia, sempre cunha miga de humor.
http://candaormates.wordpress.com/ recollerá as instrucións para os estudantes de matemáticas da ESO
http://www.candaor.com/ actuará como servidor de contidos e como resumen e mostra de todo o anterior, o día se bote a andar en condicións.
Esperando que os contidos desta e das outras webs citadas sexan do seu grado, un saúdo de
Candaor