29/01/2011

Periodo de probas

Hoxe comezamos un período de probas de cara a comprobar a viabilidade dun blog de noticias científicas en galego. No período comprendido entre o pouco que queda deste mes de xaneiro e a Primavera, investigaremos os métodos e as tecnoloxías que nos permitan a selección de novas científicas, a súa tradución e redacción, así como a selección de fontes e arquivos gráficos.
Queremos que esta sexa unha información útil para as clases de ciencias, polo que non nos limitaremos a recoller e traducir novas de axencias, revistas, universidades, outros blogs ou calquera outra fonte: o nos interese é facer accesible e comprensible a información científica para traballar con ela na escola, procurando o incluir na información o maior número de enlaces posibles para clarificar no maior grado posible o discurso científico, e conectalo coa experiencia académica, pedagóxica e didáctica.
Dito isto, queremos engadir que nos interesa calquera nova do ámbito científico relacionada coa escola e a aprendizaxe das ciencias, polo que agradeceremos calquera información sobre actividades desenvolvidas polos centros educativos, asociacións profesionais, etcétera...
As informacións recollidas servirán de base para a elaboración dun boletin informativo de periodicidade aínda por determinar, ao que poderá accederse na web http://www.candaor.com/ .
Saúdos. Alá imos.