Hai uns 250 millóns de anos, ao final do Período Pérmico, boa parte da vida da Terra foi aniquilada durante unha etapa prolongada de erupcións volcánicas masivas e un devastador quecemento global. Só una de cada dez especies sobreviviu, formando a base para a recuperación da vida na época seguinte, o Período Triásico. O xacemento paleontolóxico descuberto recentemente, e situado en Luoping, provincia de Yunnan, proporciona unha nova xanela ao pasado coa que poder albiscar mellor como se desenvolveu esa recuperación biolóxica, e indica que se necesitaron uns 10 millóns de anos para que se establecese un ecosistema do todo funcional.
O xacemento paleontolóxico de Luoping data de mediados do Triásico, e contén un dos máis diversos rexistros fósiles mariños do mundo, como comprobou o equipo dirixido por científicos do Centro Xeolóxico de Chengdu, China. Neste equipo tamén participou Mike Benton, da Escola de Ciencias da Terra, da Universidade de Bristol. No xacemento paleontolóxico atopáronse até a data uns 20.000 fósiles de peixes, réptiles, crustáceos e outras criaturas mariñas.
A diversidade dos depredadores, en particular peces e réptiles, denota un ecosistema totalmente recuperado. É unha diversidade moito maior que a observada no Triásico temperán, e está próxima aos niveis reinantes pouco antes da extinción.
Reforzando esta conclusión, está a complexidade da rede alimentaria, coa parte inferior das cadeas alimentarias dominada por especies típicas da fauna mariña do Triásico tardío, como crustáceos, peces e bivalvos.
fonte:
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada