O correo de hoxe convídame a reflexionar sobre a E. Colli, a máis coñecida e importunante das bacterias, a lingua dos políticos –ese idioma que parece que é o noso, pero que en algo se debe diferenciar cando o que eles din non parece significar o que nós entendemos- os seus coñecementos científicos e a arrasadora capacidade do ser humano de desprezar a outros seres humanos.
A primeira das novas afirma que a cepa que ocasionou a morte de decenas de persoas en Alemaña nunca existiu en España. Que significa isto é un interesante debate sobre poboacións e trazabilidade alimentaria. Os argumentos científicos non son nada desprezables nesta discusión económica, e queda por comprobar se a famosa senadora de Hamburgo e os membros da rede de vixiancia alimentaria da comisión europea actuaron movidos pola ansiedade ou por razóns máis escuras.
Por outro lado, a estatística non deixa de presentarnos correlacións que teñen moito de indicativo social, agora que a fenda dixital parece ser a más trivial das fendas sociais que comezan a se abrir.
Tal vez deberiamos plantearnos a recuperación, a reutilización desas partes abandonadas dun país ao ermo. Claro que, reindustrializar, por estes lares, ten un tasto ben amargo. A ver se cambiando a xiria, e “redesenvolvendo” temos máis sorte.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada