Nunca nos cansamos de escoitar paxaroladas. Ou si. A cantidade de tempo que os medios lle dedican nos Estados Unidos á vida privada dos seus políticos pode parecer obsesiva, pero, a verdade, pode concibirse que sexa honesto cos descoñecidos quen é deshonesto na súa vida familiar? Resulta unha interesante cuestión do comportamento social cales son as pautas que definen a resposta colectiva ás meteduras de pata dos representates políticos, cando existen, claro. Quizais ese coñecemento puidera servir para entender a sobrevivencia política de especímenenes propios do paleozoico, como mínimo.
Que sigamos buscando unha verdade pode parecer cousa de sándeos a ese mesmos que tiran a pedra, felices na súa opulenta ignorancia, e pretenden que todos comamos das migallas da súa mesa, negándonos a mesma posibilidade de pensar que existen menús alternativos. Absolutos partidarios da ciencia útil, adoitan ignorar que a realidade é ben mais complexa do que aparenta, e que o desexable é unha cousa, o probable unha segunda, e a realidade unha terceira, e que deberiamos deprender a vivir a dieta de expectativas, a poder ser, sen estímulos artificiais.
Tal vez por iso, a intelixencia, que ten tamén raras enfermidades, demasiadas veces necesita poñer, buscar unha certa distancia entre si e a realidade, que mirarse demasiado ao espello acaba cansando.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada