A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convocan a 9ª edición do Certame nacional de fotografía científica FOTCIENCIA. Este certame ten por obxectivo achegar a ciencia aos cidadáns mediante unha visión artística e estética suxerida a través de imaxes científicas e un comentario escrito do feito científico que ilustran.
Nesta edición introduciuse o apartado “A ciencia no aula”, que ten como obxectivo atraer o interese dos máis novos polas carreiras científicas.
A participación está aberta a calquera alumno de educación secundaria e formación profesional aos que se lles pide que retraten un obxecto e expliquen o aspecto científico do mesmo.
O centro ganador obterá un premio de 400 € para material escolar.
Pódese ver máis información sobre o certame no apartado ciencia en aula da web www.fotciencia.es
Prazo: do 14 setembro ao 31 de outubro de 2011
Participación e máis información: http:/www.fotciencia.es
O blog de FOTCIENCIA: http://fotciencia.blogspot.com/
Consultas: fotciencia@fecyt.es
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada