08/01/2012

As ratas tamén sinten a dor allea

A empatía é esa capacidade dos individuos de sentir a dor de outros, unha capacidade que nos empuxa de algunha maneira a buscar as formas de axudar a esas persoas en dificultade.

Durente moito tempo pensouse que esta era unha cualidade humana, pero hai tempo que se ven debatendo a posibilidade de que isto non sexa así. Experimentos con ratos xa probaron hai anos que estes animais posúen unha empatía simple. Agora, un novo experimento ven probar que esta empatía é capaz de estimular a aprendizaxe, isto é: que as ratas non só sinten a dor doutros espécimes, senón que aprenden coa finalidade de resolver o problema alleo.

Ver máis