Durante os últimos anos, a literatura científica arredor da gripe aviar ten sostido que esta patoloxía non é particularmente grave desde o punto de vista epidemiolóxico, xa que -segundo a opinión maioritaria- é unha patoloxía de dfícil contaxio e as mutacións que a transforman nunha enfermidade de máis doada propagación debilitan o virus, e polo tanto, a mortandade asociada a esta enfermidade.
Nembergantes, nun estudo que aínda busca editor, Yoshihiro Kawaoka e Ron Fouchier, que traballaron de forma independente, conseguiron combinacións de mutacións do virus que fan posible o contaxio por vía aérea sen unha redución da mortandade asociada ao virus. Os estudos de transmisión do virus mutado foron realizados con furóns, animais que responden de forma moi similar aos humanos aos virus da gripe.
O estudo non encontra quen o publique debido a que as revistas especializadas alegan que a divulgación das secuencias xenéticas que causan estas mutacións podería proporcionar unha arma formidable aos bioterroristas, ao que os autores replican que o perigo de que a mutación se produza é máis plausible que a ameaza bioterrorista.
Ver máis
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada