O dicionario di que unha quimera é algo imposible. Tamén se pode referir a un monstro mítico da mitoloxía grega, con cabeza de león, ventre de cabra e cola de dragón. Pero a ciencia parece, en ocasións, especializada en crear monstros cuxa existencia parece ir contra o sentido común, como un fillo de varios pais.
Fillos de varios pais son os monos Rex, Hoku e Chimero, posto que foron enxendrados a partir de células nai construidas con material xenético provinte de varios pais. Non son os primeiros animais quiméricos (creados con material xenético provinte de máis de un pai) posto que xa había experiencias anteriores con ratos, pero naquelas experiencias so se mesturara material xenético de dous pais. No caso de Rex, Hoku e Chimero, pese a súa aparencia de monos rhesus completamente normais, o material xenético proviña, segundo publica Scientific American, de seis pais distintos.
Os investigadores decidiron probar a viabilidade de reproducción con esta técnica de mestura de material xenético na procura de máis información sobre as posibilidades das chamadas "células nai", en particular, se as correspondentes aos simios respondían igual que as dos ratos a determinadas técnicas: a resposta fo negativa. O que funcionaba nos ratos non valía para os monos.
A razón parecía estar no cultivo, polo que decidiron recuperar células nai dun embrión e inxectalas no embrión receptor. Empregando blastocitos temperáns (de divisións inferiores a catro células) mesturaron e empataron ata xerar vinte e nove blastocitos procedentes de entre 3 e seis individuos.
Resultado: xemelgos.
P.S. Parece ser que non hai intención de probar -de momento- estes métodos con humanos.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada